Nome orixinal | (ar) ولادة بنت المستكفي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 994 ↔ 1010 Córdoba (Al-Andalus) |
Morte | 26 de marzo de 1091 (Gregoriano) Córdoba (Al-Andalus) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Califato de Córdoba Taifa de Córdoba Taifa de Sevilla |
Relixión | Islam |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro alaranxado |
Actividade | |
Ocupación | poetisa , escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Árabe andalusí |
Familia | |
Parella | Abu-l-Walid Ahmad ibn Zaydun |
Pai | Muhammad III de Córdoba (pt) |
Wallāda bint al-Mustakfī (en árabe ولادة بنت المستكفي), nada en Córdoba entre 994 e 1010[1] e finada na mesma cidade o 26 de marzo de 1091, foi unha poeta andalusí, filla de Muhammad al-Mustakfī, o efémero undécimo califa de Córdoba.
Foi unha muller segura e decidida, cun papel activo na sociedade malia ser unha muller no contexto árabe medieval. Os seus versos dan mostra da súa singularidade, e os motivos presentes neles asócianse á súa historia de amor co poeta Ibn Zaydun.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search